Friday 26 de April de 2024

O Concello de Miño aproba definitivamente a regulación do réxime interno da escola infantil


Manuel Vázquez Faraldo destacou que “era moi necesario actualizalo xa que o último databa do ano 2005”.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación definitiva da regulación do réxime interno da escola infantil municipal “A Ceboliña”, que entrará en vigor a partir de mañá, martes 3 de novembro.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destacou que “era moi necesario actualizalo xa que o último databa do ano 2005” e necesitaba “un cambio amplo para adaptar esta regulación ás normativas de aplicación, reformándoo en todo o seu articulado e actualizándoo nos obxectivos para alcanzar, véxanse a regulación do réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais”.
Este servizo organízase desde o Concello de Miño para garantir o acceso a uns servizos de educación e coidados de calidade na primeira infancia. Intervir na regulación do seu réxime interno é fundamental para conseguir o éxito na aprendizaxe dos menores, a súa integración social, o seu desenvolvemento para o futuro e para permitir ás familias unha maior conciliación entre a responsabilidade familiar e a laboral.